Quen somos?

 

FEAFES Galicia é a federación galega de saúde mental, unha entidade que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares. Dende 1995, canalizamos e representamos os intereses deste colectivo, abarcando actualmente 14 asociacións presentes en 30 localidades galegas.

Nesta ocasión contamos coa inestimable colaboración de Antonio Mourelos, Irene Lourido, Sheyla Fariña, Camila Bossa, Monti Castiñeiras, Diego Viaño, Antonio Durán “Morris” e Sabela Arán para impulsar a campaña #Euteño, coa que pretendemos loitar contra os prexuízos que existen cara a enfermidade mental e amosar a faciana máis normalizada desta realidade.

Dende aquí, convidámoste a coñecer máis sobre saúde mental e sobre o traballo de FEAFES Galicia para que nos axudes a acabar cos prexuízos.

Eu non teño prexuízos, ti si?

Advertisements