Que queremos?

 

As enfermidades mentais seguen a ser moi descoñecidas a pesar da súa gran prevalencia. En Galicia existen arredor de 30.000 persoas con problemas de saúde mental, é a segunda causa de discapacidade despois da física e estímase que unha de cada catro persoas padecerá un problema de saúde mental ao longo da súa vida.

Estas persoas teñen que loitar día a día contra unha gran limitación: os enormes prexuízos que ten a sociedade cara os problemas de saúde mental. Estes maniféstanse en múltiples ámbitos como o educativo, o sanitario, o laboral ou os medios de comunicación.

Para amosar que as persoas con problemas de saúde mental poden vivir en sociedade como calquera outra, FEAFES Galicia lanza a campaña #Euteño para axudar a sensibilizar e visibilizar esta realidade.

Aproveitando o Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora o 10 de outubro, dedicaremos boa parte dos nosos esforzos a desmontar as ideas erróneas que existen arredor da saúde mental.

Axúdasnos?

Advertisements